PT | EN

Presentación ANJE

ANJE - Associação Nacional de Jovens Empresários é unha asociación de dereito privado e utilidade pública que, dende 1986, representa institucionalmente os novos empresarios portugueses e apóiaos na súa actividade empresarial. Foi, así mesmo, pioneira na promoción do emprendemento mozo en Portugal e, máis recentemente, ten centrado os seus esforzos na adopción de modelos empresariais baseados na innovación, a investigación e o desenvolvemento.
 
Así, ANJE ten prestado especial atención ao chamado "emprendemento cualificado" coa intención de crear as condicións precisas para que os mozos poidan converter o seu coñecemento en valor empresarial. Para iso, a asociación dispón de incubadoras para pór ao servizo de empresas de base tecnolóxica e realiza un acompañamento especializado en procesos de formación, xestión, financiamento e innovación empresariais. 
 
Debemos sinalar, no entanto, que ANJE segue atenta aos problemas do empresariado mozo na súa integridade, independentemente da dimensión ou fase de desenvolvemento das empresas. A asociación ten a vontade de contribuír ao progreso do país, a partir dun modelo económico baseado na iniciativa privada. 
 
Neste sentido, ANJE, ten centrado o seu interese en divulgar sistemas de incentivo ao emprendemento, en prestar servizos de asesoramento empresarial a emprendedores mozos, en crear centros de incubación de start-ups, en apoiar a internacionalización de empresas, en realizar accións de cualificación profesional e en tecer redes de networking.
 
Con preto de 5.500 asociados, máis de media centena de colaboradores, unha decena de áreas operativas e varios núcleos rexionais (Norte, Centro, Lisboa e Val do Texo, Alentexo e Algarve),  ANJE desenvolve unha actividade de innegable relevancia pública. En 2012, foi distinguida polo Presidente da República coa Ordem do Mérito, vendo así recoñecido polo órgano máximo de soberanía de Portugal os méritos da súa misión institucional e a relevancia pública da actividade que desenvolve a prol da mocidade portuguesa en xeral e do empresariado mozo en particular. Posúe, polo demais, o estatuto de membro do Conselho Económico e Social.
 
CONTACTOS
 
Departamento Internacional - Associação Nacional de Jovens Empresários 
e. international@anje.pt | t. +351 220 108 000
Casa do Farol - Rua Paulo da Gama, 4169-006 Porto